
30, 31 de outubro e 6, 7, 13 e 14 de novembro de 2009
Os venres de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 horas
Os sábados de 10,00 a 14,00 horas
O obxectivo deste curso básico e introducir e reforzar coñecementos da xestión e administración de instalacións e servizos deportivos, para aquelas persoas que deselvolven ó seu traballo en pequenos municipios.
En definitiva, trátase de profesionalizar e especializar os encargados da xestión deportiva municipal para rendibilizar o máximo, as nosas instalacións e os nosos servizos deportivos.
Intensas sesións teóricas que finalizan coa participación dos alumnos en obradoiros de traballo por grupos, supervisados e orientados polo profesorado do Curso.
Xestores de servizos e instalacións deportivas de pequenos municipios.
Responsables do diseño e desenvolvemento de programas deportivos.
Licenciados e estudantes de Ciencias da actividade física e do deporte.
Estudantes e profesionais especialmente intereresados neste tema.

Prazas limitadas.
Data límite inscrición programa Formacion Contínua Deputacion: 27 de outubro de 2009
Data límite inscrición prazas Servizo Deportes: 28 de outubro de 2009
Inscrición gratuíta: 30 asistentes concellos da provincia de Ourense, procedentes do programa de Formación Contínua da Deputación de Ourense (Información 988 385 142).
Esta acción formativa terá créditos de libre configuración recoñecidos pola Universidade de Vigo e pola Universidade de A Coruña.
Outorgaráselle-lo correspondente diploma de aproveitamento ós alumnos que asistan e participen con regularidade (85% do horario) no desenvolvemento do curso e que superen satisfactoriamente as probas de avaliación do curso. Aqueles alumnos, que tendo asistido con regularidade e participado no curso, non superen satisfactoriamente as probas de avaliación, obterán un certificado que acreditará a súa asistencia á acción formativa.